SENSACIÓNS...
Cando estou soa nun espazo natural sinto unha inmensa paz. O son do vento e o cantar dos paxaros fan que me relaxe de tal maneira que non necesito pensar en nada.
Observando os animaliños e vendo a vida tan sinxela que levan sendo felices, faime pensar o complicado que é o ser humano, xa que, eles non necesitan diñeiro nin bens materiais e confórmane co que obteñen da propia natureza.
Unha das cousas que máis me gusta facer en pleno verán, durante a sesta, cando vai máis calor, é deitarme á sombra á beira dun regato e observar as follas das árbores que se moven tranquilamente e ver as raiolas do sol que se introducen entre elas. Gozo ao sentir o movemento da auga cando baixa polo regato.
A min encántame a natureza!
Naiara Rodríguez Rojas
domingo, 25 de octubre de 2015
O BATER DAS ONDAS
Ai! Canto arelo volver a estar naquelas noites de verán nas que estaba na miña
casa da praia escoitando o bater das ondas! Ese son para min é inigualable. Síntome
como un mariñeiro que vai quedando durmido no medio do inmenso océano cunha
sintonía tan agradable que me fai deixar de pensar neses problemas que teño e que
non me deixan tranquilo. Ai! Se o tivera todos os días creo que nunca estaría de mal
humor! Sei tamén que nunca me cansaría nin de escoitar ese fermoso son nin de
ver o mar porque cando o miro, ademais de velo cunha cor azul engaiolante, sempre
hai algún barquiño que o decora.
De feito se pecho os ollos escoito ese lene e monótono son.
Ángel Rodicio
López
ALBERTO E SARA ESCRIBEN CON LUCIDEZ
Quero darlle as grazas a Sara e Alberto por permitir que leamos os seus textos. Valoro a súa valentía e sei que percibiredes o impresionantes que son. Están cheos de verdade e sabedoría, escritos con lucidez e sei que van quedar nos nosos corazóns impulsándonos a vivir con dignidade e sen medo.
Os dous falan do mesmo, falan de recordar quen somos e de vivir respectándonos. Parece evidente, pero todo o que nos rodea instala en nós a inconsciencia e vivimos nunha gran mentira.
Eles falan da importancia de evolucionar, de ser conscientes e de deixar as máscaras para acadar a liberdade.
Os dous falan do mesmo, falan de recordar quen somos e de vivir respectándonos. Parece evidente, pero todo o que nos rodea instala en nós a inconsciencia e vivimos nunha gran mentira.
Eles falan da importancia de evolucionar, de ser conscientes e de deixar as máscaras para acadar a liberdade.
sábado, 24 de octubre de 2015
RECEITAS DE CHUVIA E AZUCRE
Este libro de receitas é moi orixinal, serve para comer a vida a culleradas, para adozar as emocións que nos acompañan cada día e para aprender a controlalas coa imaxinación como ingrediente imprescindible. Contén receitas sobre moitos sentimentos: o cariño, o medo, a ledicia, a empatía
...
Permitiranos reflexionar sobre como nos sentimos, coñecernos, preguntarnos sobre as nosas experiencias e evolucionar para camiñar cara á felicidade.
Permitiranos reflexionar sobre como nos sentimos, coñecernos, preguntarnos sobre as nosas experiencias e evolucionar para camiñar cara á felicidade.
lunes, 5 de octubre de 2015
POESÍA DE LAURA 2º ESO D
Por que eses risos falsos que sinto?
Por que son inferior ós demais?
Por que non son popular?
Por que todos os días chego chorando á
casa?
Por que sempre hai murmurios que me fan
dano?
Penso que son igual cós demais.
Penso que son como son e que ninguén me
vai cambiar.
Ás veces a xente fai que te sintas mal,
pero pensas:
Teño unha familia que me quere, teño
uns amigos que me fan sentir ben...
Con esforzo acabarei derrotando todo o
negativo.
Non deixarei que ninguén me produza dor
.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)