Ás veces gústanos sentarnos ao lado das árbores para sentilas.
jueves, 27 de noviembre de 2014
O MEU LUGAR, ENRIQUE 2º B
Hai un sitio onde me gusta vivir. Alí todo é moi distinto porque a primavera é moi bonita. Os meus amigos e mais eu xogamos ao fútbol na herba fresca. As árbores sempre fan un son moi forte coma lóstregos. Dan moito medo.
A NOSA TEA DA IGUALDADE
Iniciamos a tea no club de lectura lendo poemas dentro do proxecto de Poemas do río.O fío percorreu diferentes mans, estiveron coma sempre Laude e Lucía coa súa xenerosidade.
No corazón da tea da igualdade as palabras conmovedoras de Rimsha, Loitadora pola liberdade:
"Hai que estudar para ser libres na vida"
No corazón da tea da igualdade as palabras conmovedoras de Rimsha, Loitadora pola liberdade:
"Hai que estudar para ser libres na vida"
lunes, 17 de noviembre de 2014
KUMBARIKIRA
Os nenos de Santa Rita
de Castilla, capital da zona de Parinari, no distrito de Loreto, en Perú, piden
ó presidente do seu país que non se siga a contaminar o seu río, o Marañón, que
sofre verquidos de petróleo de compañías que operan a carón del e estragan o
medio ambiente nesa zona da amazonía peruana.
Este é o enlace ó blog Santa Rita de Castilla,
onde se fala do verquido de petróleo nese territorio, onde vive o grupo
indígena Kukama:
Este grupo indíxena
ten como lingua propia o Kukama, una lingua con cada vez menos falantes. O uso do kukama, para que non se perda, é
reivindicado neste vídeo:
Queremos achegarmos ós
nenos e nenas kukama e apoialos nas súas loitas (medioambiental e lingüística)
Por iso imos gravar un vídeo no que, como eles, rapeamos na nosa lingua propia
e ademais cantamos o estribillo en Kukama que eles empregan na súa canción (Kumbarikira).
Participa alumnado de
1º, 3º e 4º ESO e 1º Bacharelato.
Como anticipo, podedes
escoitar os nenos de 1º ESO A nun ensaio cantando e rapeando a súa parte, ler
as letras de todos os grupos e escoitar
os alumnos de 1º Bach coa materia de música tocando o estribillo con xilófonos
e metalófonos.
Estrofas 1º ESO A:
Xilófonos e metalófonos 1º Bacharelato:
A continuación podedes ler información que nos mandan dende Perú;
A ESCOLA IKUARI: PARA
A RECOPILACION DE MEMORIAS E A ENSINANZA
DA LINGUA KUKAMA.
Se é difícil establecer o número de persoas kukama, o
grao de dificultade non diminúe ó tratar de saber cantas persoas falan kukama.
Por ser un idioma minoritario en Perú e por pertencer a un grupo indíxena ten
que enfrentar o estigma da discriminación. Por iso segue a ser no extenso
territorio da amazonía un idioma falado en segredo, situación que a proposta
comunicacional de Radio UCAMARA dende a Escola IKUARI e o Colexio
Nuestra Señora de Loreto intenta axudar a superar principalmente no
Distrito de Nauta. Nos últimos anos houbo unha revalorización importante e xa
existen algúns colectivos que non teñen medo nin vergoña de falalo en público.
Gran parte da memoria dos nosos pobos recupérase coa visibilización da lingua.
A viabilidade do kukama dependerá en grande medida de se as novas xeracións se
interesan por el.
sábado, 15 de noviembre de 2014
viernes, 14 de noviembre de 2014
Sesión do club de lectura: 25 Novembro - Poemas do Río
Falamos dos Poemas do Río de Cristina Corral Soilán e invitamos os nosos alumnos e alumnas a escribir os seus e a descubrir poetisas galegas (como ocorre na obra teatral de Cristina Corral). Lemos os poemas creados por Noa, de 4º ESO e os de Cristina, Laura, Omaima, Rimsha, Nohaila, Ashley e Ana María (quen tamén compartiu conosco poemas en romanés), todas elas de 1º ESO. Ademais Román e Cristina Salgado seleccionaron os seus poemas favoritos do último libro de Carlos Negro, Penúltimas tendencias, que fala da dignidade das mulleres e fai unha crítica dos valores que transmite a sociedade.
lunes, 10 de noviembre de 2014
viernes, 7 de noviembre de 2014
miércoles, 5 de noviembre de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)