As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas de Carlos Casares, representada polo Centro Dramático Galego, pretende estimular a sensibilidade estética e o gusto polo teatro como creación artística, adquirindo os códigos da linguaxe teatral e desenrolando recursos para valorar as obras.
Un dos actores , Alberte Cabarcos, que representa a Elías, un personaxe, ofrécenos información : o texto, os ensaios...domingo, 28 de septiembre de 2014
domingo, 14 de septiembre de 2014
CANDO SEXADES PEQUENOS
Marabilloso álbum de Uxue Alberdi que fala da posibilidade de medrar sen perder a inocencia, a ilusión... e de gozar da vida plenamente. Pon por diante un auténtico reto, vivir sen seguir o que está establecido.
domingo, 7 de septiembre de 2014
OS POEMAS DO RÍO DE CRISTINA CORRAL
Os poemas do río, obra de teatro escrita por Cristina, a nosa compañeira e amiga, é un canto á poesía, ao teatro e ao valor da nosa literatura e lingua.
Coñeceremos poemas de escritoras galegas( Rosalía de Castro, Filomena Dato, Francisca Herrera, María Mariño, Pura Vázquez, María Lado...) e animarémonos a facer a nosa representación.
Procuraremos escribir as nosas poesías e crear o noso bosque animado.
Queremos darlle as grazas a Cristina por todo o seu traballo, a súa ilusión e a súa xenerosidade.
Os poemas do río inspirará o noso traballo e será o fío que una as nosas iniciativas e promova a nosa creatividade.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)