A miña planta de laranxa lima,novela chea de tenrura e emotividade. É un relato conmovedor de José Mauro de Vasconcelos(Brasil).
Fainos reflexionar sobre a situación que viven moitos nenos en moitos lugares do mundo.
É unha auténtica fermosura, un libro para ler independentemente da idade que se teña. Sempre vai gustar, é imposible que non sexa así.
domingo, 23 de marzo de 2014
lunes, 10 de marzo de 2014
martes, 4 de marzo de 2014
ESCRIBEN EN 1º
A
amizade
Eu
sei o que é unha amizade verdadeira, non é coma outras que son de
mentira.
Teño
un amigo que me alegra a vida. A amizade que temos é coma unha
árbore que se non a coidas e a mimas rompe. Por sorte a miña
amizade é forte coma unha árbore forte. O meu amigo non é deses
que din ''compréndote'', pero é de mentira, el sempre mo di de
corazón.
Toño
1º B
A
soidade
A
soidade é unha voz sen rumbo que chama dende o silencio da miña
conciencia.
A
soidade é o desencontro comigo mesma. Doe, doe que sexa a soidade o
único que teño. É un sentimento que teño sen buscar.
Podo
facer da tristeza a miña aliada. Non lles demostro aos que me queren
facer dano que estou triste.
Patricia
1º C
Saioa
é a miña mellor amiga. Quéroa moito e gústanos estar xuntas.
Ás
veces enfádome con ela porque é moi inocente e non é consciente da
maldade da xente e do mal que lle poden facer.
Gustaríame
collela e gardala nunha botella para que ninguén lle poida facer
dano. Ten moi bo corazón.
Patricia
1º C
REFLEXIÓN SOBRE A SOIDADE
“Tamén
se está só entre os homes”
Ás
veces, aínda que esteamos con moitas persoas sentímonos sós. Pode
ser porque non estamos a gusto, queremos estar con outras persoas ou
simplemente porque nos sentimos sós no medio de tanta xente. Ás
veces, é mellor estar só, estás máis relaxado, podes pensar con
máis tranquilidade, pero cando te sintes só rodeado de moitas
persoas, é porque che falta algo. Normalmente non sabes o que, pero
case sempre é iso. Necesitas algo, pero aínda non descubriches o
que necesitas e, aínda que esteas coa xente que queres, como é a
familia ou os amigos, fáltache algo. Non é bo sentirse só, pero ás
veces pásanos. Eu creo que é porque estrañamos algo, a min pásame.
Estou con moita xente pero ás veces sinto como se non tivera algo.
Algo que necesito e non sei o que é. Pero pásame logo, e volvo
estar ben.
Sentirse
só é algo que fai o ser humano para pensar e reflexionar, sentirse
mellor.
Non
é nin bon in malo, pero eu creo que se está mellor en compañía
que só.
Iria
Vázquez Arcos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)