martes, 4 de marzo de 2014

ESCRIBEN EN 1º

A amizade

Eu sei o que é unha amizade verdadeira, non é coma outras que son de mentira.
Teño un amigo que me alegra a vida. A amizade que temos é coma unha árbore que se non a coidas e a mimas rompe. Por sorte a miña amizade é forte coma unha árbore forte. O meu amigo non é deses que din ''compréndote'', pero é de mentira, el sempre mo di de corazón.

Toño 1º B

A soidade

A soidade é unha voz sen rumbo que chama dende o silencio da miña conciencia.
A soidade é o desencontro comigo mesma. Doe, doe que sexa a soidade o único que teño. É un sentimento que teño sen buscar.
Podo facer da tristeza a miña aliada. Non lles demostro aos que me queren facer dano que estou triste.


Patricia 1º C


Saioa é a miña mellor amiga. Quéroa moito e gústanos estar xuntas.
Ás veces enfádome con ela porque é moi inocente e non é consciente da maldade da xente e do mal que lle poden facer.
Gustaríame collela e gardala nunha botella para que ninguén lle poida facer dano. Ten moi bo corazón.


Patricia 1º C

No hay comentarios:

Publicar un comentario